Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51487

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza de oficial de 2ª de servizos municipais, por promoción interna.

A Xunta de Goberno Local, en sesión realizada o día 31.10.2018, prestou aprobación á convocatoria e bases para a provisión dunha praza de oficial 2ª de servizos municipais.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 216, do 13 de novembro de 2018, publicáronse as bases reguladoras do proceso selectivo, mediante concurso-oposición por promoción interna, para a provisión en propiedade dunha praza vacante de oficial 2ª de servizos municipais ou múltiples, pertencente ao grupo laboral IV, persoal laboral fixo, incluída na oferta de emprego público 2017.

As instancias solicitando tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no Rexistro Xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios, relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Mugardos (A Coruña).

Mugardos, 13 de novembro de 2018

María del Pilar Díaz Otero
Alcaldesa