Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51554

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 5 de decembro de 2018 pola que se modifica a Orde do 9 de outubro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas para a promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

No Diario Oficial de Galicia número 200, do 19 de outubro de 2018, publicouse a Orde do 9 de outubro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas para a promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (corrección de erros no DOG número 208, do 31 de outubro).

No artigo 17, parágrafo 2, establécese que: «2. A persoa beneficiaria deberá ter realizadas as actuacións que fosen obxecto da axuda ao fin do período subvencionable. En todo caso, a data límite para presentar a xustificación será o 10 de decembro de 2018».

A tardía data de publicación da convocatoria e o elevado número de solicitudes recibidas determina que a fase de instrución e a resolución dos expedientes finalizará máis alá das datas inicialmente previstas, polo que, co fin de garantir a maior eficacia posible no desenvolvemento das axudas subvencionadas, se considera recomendable modificar o prazo de xustificación inicialmente previsto.

En consecuencia, en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e polo Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Orde do 9 de outubro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas para a promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018

O parágrafo 2 do artigo 17 da Orde do 9 de outubro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas para a promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, queda redactado como segue:

«2. A persoa beneficiaria deberá ter realizadas as actuacións que fosen obxecto da axuda ao fin do período subvencionable. En todo caso, a data límite para presentar a xustificación será o 21 de decembro de 2018».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2018

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social