Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51713

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Política Social

DECRETO 151/2018, do 5 de decembro, polo que se dispón que cese Cecilia Vázquez Suárez como directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Política Social, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Cecilia Vázquez Suárez, como directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social