Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2018 Páx. 52218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-1148/2018-PPM e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-1148/2018-PPM e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 3 de decembro de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1148/2018-PPM

33258545Q

Inicio

Principal, Escarabote, Boiro

PSC-CO-1239/2018-PPM

76970258E

Inicio

Lepanto, 27, Ribeira

PSC-CO-1263/2018-PPM

79317215J

Inicio

Rúa Río, 1, 1º A, Arteixo

PSC-CO-1266/2018-TRA

76804935T

Inicio

Rúa Castañeira, 12, 1º I, Lorbé, Oleiros

PSC-CO-1284/2018-PPM

46914372F

Inicio

Insua, 80, Fisterra

PSC-CO-1289/2018-PPM

53797081N

Inicio

Estrada xeral, 9, Escarabote, Boiro

PSC-CO-1296/2018-PPM

33286412F

Inicio

Cruceiro, 27, Boiro

PSC-CO-1297/2018-PPM

78805759P

Inicio

José Arcas Moldes, 8, Rianxo