Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2018 Páx. 52160

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2018 pola que se integra a Gilberto Pérez Vega, funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria, no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), establece na súa disposición adicional segunda que os funcionarios e as funcionarias do corpo de profesores titulares de escola universitaria que na súa entrada en vigor posúan o título de doutor ou que o obteñan posteriormente e se acrediten especificamente para o acceso ao corpo de profesores titulares de universidade, conforme o que establece o artigo 57 da LOU, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade nas mesmas prazas que ocupen.

Unha vez solicitada por Gilberto Pérez Vega, con DNI número 34248955T, funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria da área de coñecemento de Álxebra, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade, e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, de universidades, e os estatutos desta universidade, resolve integralo no corpo de profesores titulares de universidade, área de coñecemento de Álxebra, con efectos económicos e administrativos do 3 de decembro de 2018.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 3 de decembro de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña