Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52474

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 226/2018).

ETX execución de títulos xudiciais 226/2018

Procedemento orixe: procedemento ordinario 814/2016

Sobre ordinario

Declaración de insolvencia.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 226/2018, por instancia de Irati García Tomé contra a executada Rede Galega de Empresas, Izacomercial, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 22 de novembro de 2018 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 8.867,53 euros de principal, máis 1.245,80 euros en concepto de xuros de mora, máis 1.011,33 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín correspondente.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza