Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52306

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 157/2018, do 13 de decembro, polo que se dispón que cese Marta Míguez Telle como secretaria xeral para o Deporte.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 26 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de decembro de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Que cese Marta Míguez Telle, como secretaria xeral para o Deporte, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, trece de decembro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza