Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 7 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura (expediente 2015/315-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa citada no anexo a resolución ditada no marco do procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada ou o seu representante legal dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 7 de novembro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2018/315-36.

Interesado: Marcelino dos Santos Pérez.

DNI: descoñecido.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 24 de outubro de 2018.

Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación de medida administrativa.