Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52517

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de convocatoria e das bases do proceso selectivo correspondente á oferta de emprego 2014.

Extracto da convocatoria, bases xerais e específicas para cubrir, as prazas de persoal funcionario, promoción interna, correspondente á oferta de emprego 2014 da Deputación Provincial de Lugo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) núm. 269, do 23 de novembro de 2018 publícase a convocatoria, bases xerais e específicas para a provisión das seguintes prazas reservadas a promoción interna vertical-funcionarización correspondentes á oferta de emprego 2014:

Número de vacantes: dous. Denominación: capataz, escala Administración especial, subescala servizos especiais, persoal de oficios. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna vertical-funcionarización. Grupo C, subgrupo C2.

Presentación de solicitudes: presentaranse no modelo oficial publicado no BOP núm. 269, do 23 de novembro de 2018.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral desta entidade ou a través das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo de presentación: vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria se publicarán no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios e na páxina web desta corporación (www.deputacionlugo.org).

Lugo, 23 de novembro de 2018

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto 0402/2017, do 24 de febreiro)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial