Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo para a redacción do proxecto construtivo da obra de mellora do sistema de saneamento no concello de Vilagarcía de Arousa, non suxeito a regulación harmonizada, cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal, Portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, Plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Tipo de contrato: contrato administrativo de servizo.

Tramitación: ordinaria da licitación.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: servizo.

Descrición: redacción do proxecto construtivo da obra de mellora do sistema de saneamento no concello de Vilagarcía de Arousa. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1145.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 47, do 7 de marzo de 2018.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 168.309,36 euros. Importe total: 203.654,32 euros.

Data de adxudicación: 6 de novembro de 2018.

Importe de adxudicación. Importe neto: 116.975,00 euros. Importe total: 141.539,75 euros.

Data de formalización do contrato: 19 de novembro de 2018.

Contratista: Ingeniería del Noroeste, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6: “conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos”. Prioridade de investimento 6.2: “o investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos”. Obxectivo específico 6.2.1: “culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga”. Actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO) “reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas”. Operación: “Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Arousa. Aglomeración de Vilagarcía de Arousa”. Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións:

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2018

Presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia