Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52623

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso na categoría de celador/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018 desta dirección xeral (DOG núm. 51, do 13 de marzo) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de celador/a.

Pola Resolución do 24 de setembro de 2018 (DOG núm. 189, do 3 de outubro) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Na base sétima da resolución de convocatoria disponse que o/s tribunal/is cualificador/es do concurso-oposición será/n nomeado/s pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas e para este efecto publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa antedita base e finalizado o prazo de emenda previsto no punto 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de celador/a convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Segundo. A lista coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderá examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Nomear os membros dos tribunais, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo e que se relacionan no anexo desta resolución.

Cuarto. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade con data do 20 de xullo de 2018, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Quinto. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 1 de marzo de 2018, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Celador/a (vías de acceso libre-promoción interna e discapacidade xeral)

Presidente/a titular

Couto Naya, Diego

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Celador/a

Secretario/a titular

Díaz López, Manuel

Persoal Funcionario do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia

Vogal titular

González Álvarez, Enrique

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Celador/a

Vogal titular

Casal Moreira, Ana Mª

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Celador/a

Vogal titular

Rego Murias, Rosa Mª

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Celador/a

Presidente/a suplente

Moreiras Martín, Matilde

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Celador/a

Secretario/a suplente

Morán Losada, Francisco

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Grupo técnico da Función Administrativa

Vogal suplente

Vázquez Carrera, Ángela

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Celador/a

Vogal suplente

Blanco Barros, Eva

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Celador/a

Vogal suplente

González Vázquez, José Félix

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Celador/a

Celador/a (vía de acceso discapacidade intelectual)

Presidente/a titular

Carballo Castro, Milagros

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Celador/a

Secretario/a titular

Rúa Moure, Mª Jesús

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Grupo técnico da Función Administrativa

Vogal titular

Vázquez Cagiao, Ana Carlota

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Celador/a

Vogal titular

Méndez Graña, Gabriel

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Celador/a

Vogal titular

Gómez Cruz, Santiago Antonio

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Celador/a

Presidente/a suplente

Ramos Fernández, José Luis

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Celador/a

Secretario/a suplente

Sampedro Morandeira, José Luis

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Grupo técnico da Función Administrativa

Vocal suplente

Vázquez Santos, Jesús Andrés

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Celador/a

Vogal suplente

Muíños Cernadas, Silvia Mª

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Celador/a

Vogal suplente

Berciano López, Ángeles

Persoal Estatutario de Xestión e Servizos

Celador/a