Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52619

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 51, do 13 de marzo) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa.

Por la Resolución do 24 de setembro de 2018 (DOG núm. 189, do 3 de outubro) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Na base sétima da resolución de convocatoria disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas e para este efecto publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa antedita base e finalizado o prazo de emenda previsto no punto 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Segundo. A lista coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderá examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 1 de marzo de 2018, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos