Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52695

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do Acordo da Xunta de Goberno do 30 de novembro de 2018 polo que se resolven os recursos de reposición e se modifican as bases específicas do proceso selectivo convocado para a cobertura definitiva dunha praza de técnico de xestión medioambiental, correspondente á oferta de emprego público para o ano 2017 (bases publicadas no Boletín Oficial da provincia número 246, do 26 de outubro de 2018, no Diario Oficial de Galicia número 210, do 5 de novembro de 2018 e no Boletín Oficial del Estado número 276, do 15 de novembro de 2018).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 281, de 10 de decembro de 2018 publícase o acordo adoptado pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 30 de novembro de 2018, na cal por unanimidade,

ACORDA:

«1º. Estimar o recurso do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, interposto por Pedro Calaza Martínez, en representación deste, para que se inclúa, dentro das bases específicas da convocatoria do proceso selectivo da praza de técnico/a de xestión medio ambiental, a titulación universitaria de enxeñeiro agrónomo.

2º. Estimar o recurso de Oriol Sarmiento Díez, en representación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, para que se inclúa, dentro das bases específicas da convocatoria do proceso selectivo da praza de técnico/a de xestión medio ambiental, a titulación universitaria de enxeñeiro industrial.

3º. Modificar a base específica 4, que rexerá o procedemento selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición libre, para a provisión definitiva da dita praza conforme o seguinte:

Nº vac.

Denominación

Títulos académicos

1

Técnico/a de xestión medio ambiental

• Estar en posesión do título universitario de:

a) Grao ou, de ser o caso, a equivalente licenciatura: grao en Enxeñería Química, grao en Bioquímica e Bioloxía, grao en Química, grao en Bioloxía, grao en Biotecnoloxía, grao en Ciencias Ambientais, grao en Bioquímica, grao en Enxeñería Forestal (nas súas diversas denominacións, tal como grao en Enxeñería Forestal e do Medio Natural) e grao en Enxeñería Agrónoma.

b) Enxeñería Técnica Forestal e Enxeñería Técnica Agrícola (nas súas diversas denominacións).

c) Enxeñería Industrial.

d) Titulacións universitarias recoñecidas oficialmente como equivalentes das descritas nos puntos anteriores.

e) Calquera outra titulación universitaria en cuxo plan de estudos se acredite a inclusión substancial de áreas de coñecemento e materias relativas ao medio ambiente.

4º. Ordenar a publicación desta modificación das bases específicas no BOP, así como no taboleiro de edictos do Pazo Provincial e na páxina web corporativa, para xeral coñecemento.

5º. Ampliar o prazo de presentación de solicitudes, reiniciando o seu cómputo con efectividade do día seguinte ao de publicación do anuncio desta ampliación das titulacións de acceso ao proceso selectivo, para garantir o dereito de participación de aquelas persoas tituladas universitarias en Enxeñería Agrónoma e Enxeñería Industrial que desexen participar».

Contra o presente acordo, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, e na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdición, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro que se considere procedente.

Lugo, 11 de decembro de 2018

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto nº 0402/2017, do 24 de febreiro)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial