Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 794/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 794/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Abelenda Souto contra a empresa Brandón e Hijo, S.L., con intervención procesual de Fogasa, sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza.

A Coruña, 21 de novembro de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 794/2016, en que foron parte, como demandante, José Manuel Abelenda Souto, asistido polo letrado José Daniel Pérez López, e como demandado Brandón e Hijo, S.L., que non comparece, con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre salarios, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza

Resolución:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante José Manuel Abelenda Souto, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Brandón e Hijo, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 7.729,24 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Brandón e Hijo, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza