Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2018 Páx. 52761

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 28 de novembro de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2017 (DOG núm. 227, do 29 de novembro), modificada pola Orde do 22 de decembro de 2017 (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro de 2018), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar a todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentas da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4. da convocatoria.

Segundo. Publicar como anexo a esta resolución a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coas bases IV.2 e IV.3 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista nas citadas bases.

Terceiro. Elevar esta relación para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2018

Ascensión Labella Lozano
Presidenta do tribunal

ANEXO

Acceso libre

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

Total

1

*724C

Oti Cabanelas, José Emilio

14,83

12,80

12,60

Exento

40,23

2

*628C

Mejuto Pérez del Molino, María

13,16

11,30

15,00

Exenta

39,46

3

*726L

Maroñas Lorenzo, Cristina

12,33

14,30

12,80

Exenta

39,43

4

*914Z

De Novoa Fernández, Diego

15,66

11,20

12,40

Exento

39,26

5

*933A

Carrera Pérez, Noela

14,66

11,60

12,40

Exenta

38,66

6

*946X

Castro Fernández, Álvaro

14,33

10,10

14,00

Exento

38,43

7

*408B

García Tasende, Manuel Antonio

10,83

13,75

12,40

Exento

36,98

8

*198A

Rodríguez Rodríguez, José Manuel

13,83

10,15

12,80

Exento

36,78

9

*085N

Villada Pillado, Antía

13,66

10,00

12,80

Exenta

36,46

10

*216K

Nieto Fernández Vicente

15,50

10,00

10,40

Exento

35,90

11

*366V

Lombao Vázquez, Alba

11,66

10,03

11,80

Exenta

33,49