Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2018 Páx. 52821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración de equipamentos de ecografía destinados aos servizos de cirurxía vascular de diversos centros sanitarios, parcialmente cofinanciado pola Unión Europea nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7, obxectivo específico 9.7.1 e actuación 9.7.1.1, polo procedemento aberto (expediente AB-SER2-18-003, lote único).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER2-18-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamentos de ecografía destinados aos servizos de cirurxía vascular de diversos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde.

c) Lotes: lote único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 49, do 9 de marzo de 2018.

Diario Oficial de la Unión Europea DO/S S46 07.03.2018, 100534-2018-ES.

Boletín Oficial del Estado nº 60, do 9 de marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento sen IVE: 374.500,00 euros.

Orzamento con IVE: 453.145,00 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote: 24.10.2018.

b) Data de formalización do contrato e contratista:

Lote: 20.11.2018. Canon Medical Systems, S.A.

c) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 311.500,00 euros.

Importe con IVE: 376.915,00 euros.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos