Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2018 Páx. 52810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2017/166-1, nos concellos de Vimianzo e Dumbría.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 kV en simple circuíto Monte Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, nos concellos de Vimianzo e Dumbría (expediente IN407A 2017/166-1), acto que terá lugar nos propios predios segundo o calendario e os datos que se indican no cadro anexo que máis abaixo se detalla para, posteriormente, proceder á redacción final das ditas actas nas dependencias municipais que sinalen os propios concellos.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 7 de decembro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/166-1.

Entidade beneficiaria: Fenosa Wind, S.L.

Denominación da instalación: LAT 66 kV en simple circuíto Monte Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV.

Concellos: Vimianzo e Dumbría.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Data

Hora

V 170

Vimianzo

Hrdos. de José Fernández Lema

29.1.2019

11.10

V 170 A

Vimianzo

Hrdos. de José Fernández Lema

29.1.2019

11.10

D 10

Dumbría

Andrés Senra Bargas

30.1.2019

10.10

D 17

Dumbría

Manuel Domínguez Senra e outra

30.1.2019

10.30

D 24

Dumbría

Ramona Senra Agra

30.1.2019

10.50

D 25

Dumbría

José Beltrán Serna

30.1.2019

11.00

D 31

Dumbría

María Domínguez Senra

30.1.2019

11.20

D 35 A

Dumbría

María Domínguez Senra

30.1.2019

11.30

D 54

Dumbría

Concepción García Caamaño

31.1.2019

10.50

V 24 A

Vimianzo

Hrdos. de Manuel Ramos Mourelle

5.2.2019

10.30