Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2018 Páx. 52710

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 4 de decembro de 2018 pola que se extingue a autorización do centro privado San Francisco Javier, de Santiago de Compostela, por cesamento de actividades docentes.

A titularidade do centro privado (CPR) San Francisco Javier, de Santiago de Compostela, solicita a extinción da autorización por cesamento de actividades.

O expediente tramítase de conformidade co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Extinción da autorización

Extinguir, de conformidade co artigo 17.1 do Decreto 133/1995, por cesamento nas súas actividades docentes, por instancia da titularidade do centro, a autorización das ensinanzas autorizadas no CPR San Francisco Javier, de Santiago de Compostela; código do centro 15015615.

Artigo 2. Inscrición no rexistro

Esta extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional