Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2018 Páx. 52824

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de persoal.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección dunha praza de persoal por obra ou servizo para o proxecto Oceanwise.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, sita na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (http://www.cetmar.org/ofertas-de-traballo/). A data tope de entrega de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación na web de Cetmar.

Vigo, 26 de novembro de 2018

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar