Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52935

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 217/2018).

ETX. Execución de títulos xudiciais 217/2018

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 238/2018

Sobre despedimento

Demandante: José Manuel Salgueiro Castro

Graduado social: Francisco Javier Castro Freire

Demandados: Fogasa e Enasa System, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 217/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Salgueiro Castro contra a empresa Enasa System, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditaron o Auto e o Decreto do 23 de novembro de 2018 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Declárase extinguida con data desta resolución a relación laboral que unía a José Manuel Salgueiro Castro con Enasa System, S.L. e condénase a esta a que lle aboe á parte executante a cantidade de 275,77 euros en concepto de indemnización e 13.036,40 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Fogasa e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Enasa System, S.L. pola cantidade reclamada de 13.312,17 euros en concepto de principal (275,77 euros de indemnización + 13.036,40 euros de salarios de tramitación), máis 1.331,21 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, e, se non paga no prazo de dez días, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número 5076 0000 64 0217 18, procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola cal se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Enasa System, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e os gravames que sobre eles pesaren, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

– En virtude do disposto no artigo 551 da Lei de axuizamento civil (LAC), de aplicación supletoria, consúltese o Rexistro Público Concursal para os efectos previstos no artigo 5 bis, número 4, da Lei concursal, e únase o resultado ás actuacións e póñase en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditado do Auto do 21 de novembro de 2018 polo que se despacha execución, con expresa especificación do número de identificación fiscal del debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.3, punto final).

Notifíqueselles ás partes y a Enasa System, S.L., por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0217 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274 e no campo “Concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0217 18. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo “Observacións” a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Para que sirva de notificación a Enasa System, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza