Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2018/384-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción de instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS saída 2 e CT nº 12 parque empresarial de Nantes.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMTS (actuación 1) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 30 metros de lonxitude, con orixe na cela de saída da subestación de Sanxenxo e final na arqueta situada no exterior do recinto da subestación de Sanxenxo. LMTS (actuación 2) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 222 metros de lonxitude, con orixe na arqueta situada no exterior do recinto da subestación de Sanxenxo e final no CT nº 12. LMTS (actuación 3) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 373 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 12 e final no CT nº 13. LMTS (actuación 4) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 530 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 13 e final no CT nº 14. LMTS (actuación 5) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 405 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 14 e final no CT nº 15. LMTS (actuación 6) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 287 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 15 e final no CT nº 16. LMTS (actuación 7) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 290 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 16 e final no CT nº 17. LMTS (actuación 8) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 233 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 17 e final no CT nº 18. LMTS (actuación 9) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 327 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 19 e final no CT nº 18. LMTS (actuación 10) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 467 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 18 e final no CT nº 11. Centro de transformación con relación 2.000/400 V a 630 kVA, localizado no CT nº 12 no parque empresarial de Nantes. A instalación eléctrica está localizada no parque empresarial de Nantes, Sanxenxo (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 23 de novembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra