Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2018 Páx. 53378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 16 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de reforma interior da unidade de actuación UA-3 Montana, no concello de Vigo, promovido pola Sociedade de xestión de activos procedentes de reestruturación bancaria sociedade anónima (Sareb) (expediente 2018AAE2249; código 2127/2018).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 15 de novembro de 2018, sobre o Plan especial de reforma interior da unidade de actuación UA-3 Montana, no concello de Vigo, promovido pola Sociedade de xestión de activos procedentes de reestruturación bancaria sociedade anónima (Sareb).

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático