Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2018 Páx. 53416

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Esgos

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para velorio.

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 13 de decembro de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para velorio.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia. Unha vez publicado, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o Plan especial de infraestruturas e dotacións para velorio no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Unha vez inscrito no rexistro, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia.

O contido íntegro do dito plan queda ao dispor do público na sede electrónica do Concello de Esgos: http://concelloesgos.sedelectronica.gal

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan especial, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Esgos, 17 de decembro de 2018

Mario Rodríguez González
Alcalde