Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53426

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 12 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF para o ano 2018 (código de procedemento SI452A) (Diario Oficial de Galicia número 182, do 24 de setembro).

Mediante a Resolución do 12 de setembro de 2018 establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en concorrencia competitiva, das axudas ás entidades de iniciativa social destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas para o ano 2018. Estas axudas teñen como finalidade a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero e recolle varios tipos de programas que se desenvolverán como se establece no seu artigo 5:

Liña 1. Actuacións no ámbito da promoción da igualdade entre mulleres e homes.

Liña 2. Accións de prevención e loita contra a violencia de xénero e apoio ás súas vítimas.

As bases reguladoras contemplan a concesión de anticipos do 100 % das subvencións concedidas sen depósito de garantías, cuxos pagamentos os serán imputables ao exercicio 2018, para os tipos de programas subvencionables establecidos nas dúas liñas de actuación, para que as entidades beneficiarias poidan facer fronte aos gastos derivados das actuacións obxecto de subvención.

Na súa reunión do 6 de setembro de 2018, o Consello da Xunta de Galicia autorizou a concesión de anticipos do 100 %, na Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, para o ano 2018.

De acordo co establecido no artigo 2 da convocatoria, o crédito destinado ao financiamento destas axudas é o seguinte:

Programa

Aplicación

Código de proxecto

Total

Liña 1. Actuacións no ámbito da promoción da igualdade entre homes e mulleres

05.11.313B.481.2

2018 00004

207.829,00

Liña 2. Accións de prevención e loita contra a violencia de xénero e apoio ás súas vítimas

05.11.313D.481.0

2018 00004

210.007,00

Totais

417.836,00 €

Os importes consignados nesta convocatoria son fondos transferidos desde o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, e teñen a consideración de transferencia condicionada exclusivamente á concesión real e efectiva de subvencións destinadas a programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas. No BOE do 4 de agosto de 2018, o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, a través da Orde SCB/850/2018, do 3 de agosto, publicou o Acordo do Consello de Ministros do 3 de agosto de 2018 polo que se autorizan os criterios de distribución e a distribución resultante aprobadas polo Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia destinados a subvencionar, por parte das comunidades autónomas e cidades con estatuto de autonomía, programas de interese xeral con cargo ao 0,7 por 100 do IRPF para o ano 2018.

No citado acordo asígnanse a esta comunidade autónoma o importe global de 12.529.214,70 euros para a anualidade 2018, o que supón que a Comunidade Autónoma de Galicia conta cunha contía adicional de 1.075.430,70 € para o financiamento dos anteditos programas con respecto á cantidade consignada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2018.

Con base a ese importe e segundo os criterios de repartición establecidos pola Xunta de Galicia, con base ás contías asignadas na anualidade do ano 2017 na convocatoria única da Consellería de Política Social e de acordo coas de anos anteriores das destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, cando non era xestionada pola Comunidade Autónoma de Galicia, os importes adicionais que se lle asignaron á Secretaría Xeral da Igualdade son os seguintes:

Código de proxecto

Aplicación orzamentaria

Importe adicional

2018 00004

05.11.313B.481.2

19.615,91 €

2018 00004

05.11.313D.481.0

19,615,91 €

Total incremento

39.231,82 €

O artigo 2.2 da Resolución do 12 de setembro establece que, de acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado, entre outros supostos, dunha xeración de crédito.

Por este motivo, e co obxecto de repartir entre as entidades de iniciativa social que concorran a convocatoria de axudas a totalidade dos fondos recadados para este fin, tramítase esta resolución pola que se incrementa o crédito dispoñible para as subvencións previstas na Resolución do 12 de setembro por unha contía igual á xeración de crédito realizada.

O crédito dispoñible final será o seguinte:

Aplicación orzamentaria

Crédito actual

Ampliación

Crédito total

05.11.313B.481.2

207.829,00

19.615,91

227.444,91

05.11.313D.481.0

210.007,00

19,615,91

229.622,91

Total

417.836,00

39.231,82 €

457.067,82

En consecuencia co exposto, de acordo co previsto no Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e segundo o establecido no Decreto 74/2018, do 5 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, corresponde á Secretaría Xeral da Igualdade, como órgano superior da Administración autonómica en materia de igualdade, entre outras, impulsar as actuacións conducentes á promoción da igualdade e á eliminación da discriminación entre mulleres e homes, así como á eliminación da violencia de xénero nos termos establecidos na Constitución, no Estatuto de autonomía de Galicia, no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e na demais lexislación aplicable na materia. Preténdese ampliar a dotación orzamentaria prevista na Resolución do 12 de setembro.

DISPOÑO:

Artigo único

1. Amplíase a dotación orzamentaria destinada a financiar as subvencións, en concorrencia competitiva, das axudas ás entidades de iniciativa social destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas para o ano 2018 (procedemento SI452A) establecida no artigo 2.1 da Resolución do 12 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas para o ano 2018 (código de procedemento SI452A) (DOG do 24 de setembro de 2018, núm. 182).

2. O incremento da dotación será de 39.231,82 € con cargo ás aplicacións orzamentarias 05.11.313B.481.2 e 05.11.313D.481.0, no código de proxecto 2018 00004 coa denominación IRPF consignada no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

O crédito dispoñible para atender á citada convocatoria de axudas (procedemento SI452A) queda así establecido en 457.067,82 €, coa seguinte distribución por aplicación orzamentaria:

Aplicación orzamentaria

Crédito actual

Ampliación

Crédito total

05.11.313B.481.2

207.829,00

19.615,91

227.444,91

05.11.313D.481.0

210.007,00

19,615,91

229.622,91

Total

417.836,00

39.231,82 €

457.067,82

E o crédito total da convocatoria queda do seguinte xeito:

Programa

Aplicación orzamentaria

Crédito actual

Ampliación

Crédito total €

Liña 1. Actuacións no ámbito da promoción da igualdade entre homes e mulleres.

05.11.313B.481.2

207.829,00

19.615,91

227.444,91

Liña 2. Accións de prevención e loita contra a violencia de xénero e apoio ás súas vítimas

05.11.313D.481.0

210.007,00

19,615,91

229.622,91

Total

417.836,00

39.231,82 €

457.067,82

3. Esta ampliación de crédito non afecta o prazo establecido no artigo 15,2 da Resolución do 12 de setembro de 2018 para a presentación de solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2018

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade