Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a varios interesados a declaración de utilidade pública da modificación do parque eólico Cadeira (LU-11/127-EOL).

Por Resolución do 28 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de setembro de 2018, polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros e a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais da modificación do parque eólico Cadeira, concellos de Trabada, Riotorto, A Pontenova, Lourenzá e Mondoñedo (Lugo), promovido pola sociedade Norvento Eólica, S.L.U.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse aos interesados descoñecidos que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, planta 4ª, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Predio do proxecto nº

Polígono

Parcela

Concello

Interesado

Acto que se notifica

1

1

3076

Riotorto

Descoñecido

Declaración de utilidade pública

2

1

3075

Riotorto

Descoñecido

Declaración de utilidade pública

3

1

3011

Riotorto

Descoñecido

Declaración de utilidade pública