Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a varios interesados a declaración de utilidade pública da modificación do parque eólico Carracedo (LU-11/126-EOL).

Por Resolución do 24 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas fíxose público o Acordo do Consello da Xunta do 13 de setembro de 2018 polo que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia sobre diversos aproveitamentos forestais, da modificación do parque eólico Carracedo, nos concellos da Pastoriza e Mondoñedo (Lugo), promovido pola sociedade Norvento, S.L. (LU-11/126-EOL).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Predio do proxecto nº

Polígono

Parcela

Concello

Interesados

Acto que se notifica

14

2

151

A Pastoriza

José Muiña Fernández

Declaración de utilidade pública

14

2

151

A Pastoriza

Fé Muiña Fernández

Declaración de utilidade pública