Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente REQ-OU-013/2018-REP.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 21 de novembro de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: REQ-OU-013/2018-REP.

Persoa interesada: Teófilo Alejo Domínguez Gómez.

Acto de notificación: requirimento de cumprimento de repobacións forestais.

Referencia catastral: 32053A105001470000JE.