Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018 Páx. 53788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de decembro de 2018 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución ditada nun procedemento sancionador, incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, porque, intentada a notificación non se puido efectuar (expediente SA/CIV/18/00012).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas ditou resolución no procedemento administrativo sancionador que se indica, incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG). Na dita resolución, con imposición de sanción de multa nos casos que se indica (sinalando «resolución sancionadora») terase en conta que, unha vez que estea esgotado o prazo do período voluntario para o pagamento da multa, se procederá ao cobramento pola vía de constrinximento.

Intentada a notificación persoal desta resolución, consonte establece o artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (PACAP), non foi posible a súa práctica. Por medio deste anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da dita norma legal, tendo en conta que en atención á protección de intereses lexítimos se publica soamente o contido mínimo do acto, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderá realizar deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo Técnico-Xurídico II da Secretaría Xeral Técnica, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da Delegación da Axencia na provincia correspondente. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único citado.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante a Presidencia da Axencia Galega de Infraestruturas, no prazo dun mes computado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente-provincia: SA/CIV/18/00012 - Pontevedra.

Interesada: Jesusa Leiro Torres.

Último enderezo coñecido: O Quinteiro, 8, Bora, 36154 Pontevedra.

Feitos: construción dun muro incumprindo as condicións de autorización.

Estrada: PO-233.

Resolución: sancionadora.