Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018 Páx. 53782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras denominado demolición dun edificio destinado a panadaría e vivenda no lugar de Ramil, no termo municipal de Outeiro de Rei.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Servizo de Administración e Xestión.

c) Nº de expediente: 107B 2004/006-0.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=210047

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: demolición dun edificio destinado a panadaría e vivenda no lugar de Ramil, termo municipal de Outeiro de Rei.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 215, do 13 de novembro de 2017.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 56.377,56 €. Importe total: 68.216,85 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de novembro de 2018.

b) Data de formalización: 11 de decembro de 2018.

c) Adxudicataria: Arines Obras y Proyectos, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 33.820,89 €. Importe total: 40.923,28 €.

e) Prazo de execución: 20 días naturais.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2018

José A. Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística