Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018 Páx. 53792

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente de expropiación forzosa para a obtención do sistema local viario no lugar de Palavea 59.

A Xunta de Goberno local celebrada o 7 de setembro de 2018 acordou:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para obtención do sistema local viario no lugar de Palavea. O importe deste proxecto de expropiación ascende a 1.680,48 €, existindo crédito adecuado e suficiente no orzamento de 2018 con cargo á aplicación 30.151.600.05.

Segundo. Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.

Terceiro. Requirir os interesados titulares de bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios delas».

De conformidade co disposto no artigo 118.2 e 3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o citado expediente estará exposto ao público por un prazo dun mes, para que aquelas persoas que puidesen resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Para estes efectos, indícase que o expediente pode consultarse durante o prazo dun mes nas dependencias da Área de Urbanismo (praza Indalecio Prieto, nº 1, Antigo Cuartel de Intendencia), de luns a venres.

A Coruña, 20 de setembro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto 2964/2017, BOP do 13 de xullo)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde de Rexeneración Urbana,
Dereito á Vivenda e Mobilidade Sostible