Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2018 Páx. 53993

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación inicial de estudo de detalle de parcelas na Farixa.

Aprobado inicialmente con data 17 de decembro de 2018, o estudo de detalle redactado por Catoure, S.L., referido ás parcelas con referencias catastrais 32076A00100151, 32076A00100149 e 32076A00100148 situadas no núcleo da Farixa, a fin de desenvolver as determinacións e previsións do planeamento co obxecto de reaxustar aliñacións.

En cumprimento do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión de data 17 de decembro de 2018 e conforme o artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello [dirección https://https://sancibrao.sedelectronica.es].

A aprobación inicial do estudo de detalle conleva a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por este, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

San Cibrao das Viñas, 20 de decembro de 2018

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde