Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 28 de novembro de 2018 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 120 do polígono 332 do termo municipal de Lugo.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 28 de novembro de 2018, o cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 120 do polígono 332 do termo municipal de Lugo.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 5 de outubro de 2018.

Lugo, 30 de novembro de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo