Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2019 Páx. 186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Daorje Medioambiente, S.A.U. para o vertedoiro de residuos non perigosos que posúe no Concello de Cerceda (A Coruña) (expediente 2018-IPPC-M-76).

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) e no artigo 41 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro de 2013) e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (Boletín Oficial del Estado núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documentos titulados:

– «Proxecto básico de modificación substancial de autorización ambiental integrada e estudo de impacto ambiental de vertedoiro de residuos non perigosos en Areosa (Cerceda)» Daorje Medioambiente a Zima Corp. Company, realizado por Indutec Ingenieros en maio de 2018.

– «Proxecto de ampliación de capacidade en vertedoiro de residuos non perigosos (Cerceda-A Coruña)» Daorje Medioambiente a Zima Corp. Company, realizado por Indutec Ingenieros en maio de 2018 e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia o 30.5.2018, co número 12.841.

– «Proxecto de traslado de capacidade en vertedoiro de residuos non perigosos (Cerceda-A Coruña)» Daorje Medioambiente a Zima Corp. Company, realizado por Indutec Ingenieros en maio de 2018 e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia o 11.5.2018 co número 13.830.

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, os documentos poderán consultarse:

– Na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), en horario de atención ao público.

– Na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
(http://cmatv.xunta.gal→medio ambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2018-IPPC-M-76.

Peticionaria: Daorje Medioambiente, S.A.U.

CIF: A15483209.

Domicilio social: rúa Cambrinus, nº 54 (A Coruña).

Localización da instalación: lugar de Areosa, s/n, Queixas, 15185 A Coruña. Un punto de localización da planta é o definido polas coordenadas UTM (fuso 29, datum ETRS89): X: 543.152, Y: 4.775.780.

Actividade: vertedoiro de residuos non perigosos.

Descrición da modificación: na actualidade a empresa está a executar a modificación non substancial autorizada de traspaso da capacidade do vaso Balsas, non executado, ao vaso Nave.

Complementario ao proxecto anterior, a empresa presenta o proxecto de modificación substancial para autorizar a ampliación do vaso Nave e o apoio dos residuos contra os vasos existentes, aumentando a capacidade de vertedura autorizada cun novo volume de 156.474 m3 (26.267 m3 da modificación non substancial e 130.207 m3 da modificación substancial) e unha superficie de fondo de vaso máis noiros de 21.236 m2.

O enchemento dos vasos de vertedura executados e a decisión de continuar coa explotación cara á zona norte das instalacións de Areosa son as razóns que promoven este proxecto.

O proxecto de ampliación propón a execución de novas impermeabilizacións nos noiros dos vasos selados existentes sobre os cales se apoiará a ampliación e a implantación de novas chemineas de desgasificación.

Non propón cambios respecto das redes de drenaxe de augas subterráneas, lixiviados e pluviais e a impermeabilización do fondo do vaso, xa recollidos no proxecto de traslado da capacidade de vertedura.

Verteduras: as augas de vertedura residuais depuradas contan con autorización de vertedura ao regato Areosa (afluente do río Lengüelle) e son caracterizadas con periodicidade mensual á saída da depuradora.