No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 240, do 18 de decembro de 2018, publicáronse integramente as bases que rexerán a provisión, polo sistema de libre designación, dos seguintes postos de traballo:
Dous postos de secretario/a do Gabinete de Presidencia, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala administrativa.
Un posto de secretario/a do Gabinete de Presidencia, pertencente á escala de Administración xeral, subescala de xestión ou administrativa.
Un posto de secretario/a de Gabinete, pertencente á escala de Administración xeral, subescala de xestión ou administrativa.
Un posto de secretario/a de Presidencia, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.
Un posto de secretario/a de Vicepresidencia, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.
Un posto de xefe/a de Negociado de Relacións Públicas e Protocolo, pertencente á escala de administración xeral, subescala de xestión ou administrativa; escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos de grao medio ou técnicos auxiliares.
Dous postos de condutores de Presidencia, pertencentes á escala de administración especial, subescala de servizos especiais, prazas de labores especiais.
Un posto de secretaria/o de Tesouraría Provincial, pertencente á escala de Administración xeral, subescala de xestión ou administrativa; escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos de grao medio ou técnicos auxiliares.
O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou no taboleiro de anuncios da corporación.
O que se fai público para xeral coñecemento.
A Coruña, 18 de decembro de 2018
O presidente da Deputación Provincial da Coruña
P.D. (Resolución 21179/2015, do 1.10.2015)
Antonio Leira Piñeiro
Deputado delegado de persoal