No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 240, do 14 de decembro de 2018, publicouse o anuncio relativo ás bases, así como á convocatoria, que rexerán o procedemento de selección para o acceso á praza vacante de inspector da policía local do Concello do Porriño, incluída na modificación da OEP do ano 2016, por promoción interna mediante concurso-oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.
O Porriño, 14 de decembro de 2018
Eva García de la Torre
Alcaldesa