Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2019 Páx. 318

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 40/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Raquel Becerra Blanco contra Confecciones Busto Lope, S.L., acordouse notificar parte dispositiva de auto e decreto de data 1.10.2018 ditado no procedemento de execución de títulos xudiciais (ETX) 40/2018 a Confecciones Busto Lope, S.L., en ignorado paradoiro.

«Parte dispositiva

Dispoño despachar orde xeral de execución da parte executante, Raquel Becerra Blanco, asistida pola graduada social Sra. Mallo Neves, fronte á mercantil Confecciones Busto Lope, S.L., como parte executada, por importe de 5.179,70 euros en concepto de indemnización por despedimento, máis 961,34 euros en concepto de salarios de tramitación, máis a cantidade de 614,10 euros en concepto de xuros, gastos e custas provisionais sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Notifíquese esta resolución xudicial a todas as partes interesadas, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de reposición, que cómpre presentar no prazo de tres días hábiles contados desde o seguinte ao de notificación deste edicto ante este mesmo órgano de xustiza, logo de consignación legalmente prevista para tal efecto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, de acordo co disposto nos artigos 186, seguintes e concordantes da nosa Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

Así o acorda e asina SSª, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela. Dou fe.

A maxistrada A letrada da Administración de xustiza

(…)

Parte dispositiva

Co fin de dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Confecciones Busto Lope, S.L., pola cantidade reclamada en concepto de principal e xuros devindicados, de ser o caso, ata a data da demanda, e, se non pagase no prazo de dez días, procédase ao embargamento dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola que se despachou execución máis as custas desta, e se libra para o efecto.

– Requirir a Confecciones Busto Lope, S.L., a fin de que no prazo de dez días, manifeste, relacionadamente, bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para impugnar de 25 euros, na conta número 00301846420005001274 aberta no Banco Santander, e deberá indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuare diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu abono en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza»

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Confecciones Busto Lope, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza