Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 922/2015 por instancia de Alfonso Pardiñas Antelo contra Edificaciones y Reformas Hermanos Rieiro, S.L., Desarrollo Inmobiliario Bella Costa, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 23.10.2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
«Resolución
Estímase parcialmente a demanda formulada por Alfonso Pardiñas Antelo fronte ás empresas Edificaciones y Reformas Hermanos Rieiro, S.L. e Desarrollo Inmobiliario Bella Costa, S.L.U., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Absólvese a empresa Desarrollo Inmobiliario Bella Costa, S.L.U. das pretensións fronte a ela exercidas.
– Condénase a empresa Alfonso Pardiñas Antelo a abonar a Alfonso Pardiñas Antelo a cantidade de cinco mil cincuenta e seis euros con vinte e nove céntimos de euro (5.056,29 euros) devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 % anual.
Notifíquese a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Desarrollo Inmobiliario Bella Costa, S.L.U., expido e asino a presente.
A Coruña, 4 de decembro de 2018
A letrada da Administración de xustiza