Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2019 Páx. 375

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de decembro de 2018 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura e Turismo.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura e Turismo xustifícase polos cambios de estrutura que tiveron lugar desde a súa aprobación e as necesidades funcionais e organizativas actuais, así como na Orde da Consellería de Facenda do 10 de maio de 2017, pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e se aproba o modelo e se ditan instrucións para o cubrir (DOG núm. 90, do 11 de maio de 2017).

En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura e Turismo, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 27 de decembro de 2018, adoptou o seguinte

«ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura e Turismo, nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación».

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 27 de decembro de 2018, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura e Turismo, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file