Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2019 Páx. 754

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 17 de decembro de 2018 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia en virtude da Orde da Consellería de Facenda, do 18 de setembro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia número 182, do 25 de setembro, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba) do grupo IV
de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (quenda de promoción interna
e cambio de categoría)

* Tribunal titular:

Presidencia:

– Gaspar Callejo Calomarde, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal.

Secretaría:

– Francisco Rodríguez Vila, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Vogais:

– José Luis Parada Pérez, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do grupo III, categoría 001.

– Vanesa González Iglesias, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

– Ángel Romero Baleirón, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

* Tribunal suplente:

Presidencia:

– Juan Antonio Sánchez-Tembleque Belinchón, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeiñeros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal.

Secretaría:

– María Jesús Roldán González, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Vogais:

– Javier Díez Suárez, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do grupo III, categoría 063.

– José Benito Rodríguez Carballo, persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes facultativos ambientais, subgrupo C1.

– Alfredo Couceiro López, persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes facultativos ambientais, subgrupo C1.