De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de examinar as solicitudes de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia presentadas de xeito individual polo outro membro da parella, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución definitiva do expediente, de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Os expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña para que poidan consultalos e formular as alegacións e xustificacións que consideren oportunas, durante un prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación desta resolución.
Unha vez transcorrido este prazo e, á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.
A Coruña, 24 de outubro de 2018
María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
AC-2012/00433 |
CQ7058276 |
AC-2013/00280 |
32660334N |