Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2019 Páx. 779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 12 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións de desistencia e arquivamento das solicitudes relativas ao procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2018/0161 e outro máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas, cuxos datos se mencionan no anexo, as resolucións de desistencia e arquivamento ditadas no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, expedientes números LU-2018/0161 e LU-2018/0187, porque non foi posible a notificación persoal aos interesados.

As resolucións foron ditadas pola persoa titular da xefatura territorial.

O texto íntegro dos actos que se notifican, xunto cos seus respectivos expedientes, están á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Estas resolucións non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser impugnadas en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición do recurso, as resolucións devirán firmes.

Lugo, 12 de decembro de 2018

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

Persoa/s interesada/s

(NIF/NIE/Pasaporte)

Acto que se notifica

LU-2018/0161

35626087F

45909937M

Resolución de desistencia e arquivamento

LU-2018/0187

76584732E

21080119K

Resolución de desistencia e arquivamento