Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 959

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 5/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento ETX 5/2018, seguido por instancia de Pablo Rodríguez Esmorís contra Evan Mobility, S.A. e Govan Metalúrgica, S.L., sobre despedimento, ditouse auto o 23 de outubro de 2018, declarando extinguida a relación laboral e condenando ao pagamento de indemnización, contra o que cabe interpoñer recurso de reposición ante este xulgado no prazo de tres días. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Evan Mobility, S.A. e Govan Metalúrgica, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña , 24 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza