Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 1019

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO (OEP-2017).

En cumprimento do artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado publico, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, mediante Decreto da alcaldía do 28 de decembro de 2018, resolveuse aprobar a oferta de emprego público do concello de Teo para 2017, que comprende as prazas vacantes de persoal laboral e funcionario dotadas no orzamento da corporación que non poden ser cubertas con efectivos de persoal existente, respectando as limitacións impostas polas leis de orzamentos xerais do Estado para os anos 2017 e 2018, co seguinte detalle:

Núm. vacantes

Denominación

Categoría

Grupo

1

Operario de servizos múltiples

Operario de servizos múltiples

C2

1

Arquitecto técnico

Arquitecto técnico

A2

Teo, 28 de decembro de 2018

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde