Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2019 Páx. 1110

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 26 de decembro de 2018 pola que se resolve a convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2018/19.

Mediante a Orde do 20 de agosto de 2018 (DOG do 5 de setembro) a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou unha convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2018/19.

Unha vez rematado o procedemento establecido na convocatoria, cómpre facer pública a súa resolución definitiva, indicando para cada modalidade a relación de centros beneficiarios das axudas e a contía, de conformidade co previsto no artigo 11 da devandita orde.

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

RESOLVO:

Primeiro. Integrar no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2018/19, os 8 novos centros privados concertados seleccionados, que se relacionan no anexo I-A, coa concesión das axudas que se sinalan.

Segundo. Conceder as contías que se detallan nos anexo I-B e I-C aos centros privados concertados integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares ao abeiro das convocatorias deste programa correspondentes aos anos 2017 e 2016, respectivamente, revisadas as memorias de actividades desenvolvidas durante o ano académico 2017/18, así como as liñas prioritarias de actuación presentadas para o curso 2018/19.

Terceiro. Da mesma forma, conceder as contías que se sinalan no anexo II aos centros que solicitaron, en tempo e forma, axudas na modalidade de Clubs de lectura.

Cuarto. Conceder as axudas que se sinalan no anexo III aos centros seleccionados na modalidade denominada Radio na biblio.

Quinto. Así mesmo, conceder as contías detalladas no anexo IV aos centros solicitantes, en tempo e forma, de axudas na modalidade Biblioteca inclusiva.

Sexto. Asignar, por un importe total de 122.220 € as contías que se detallan nos devanditos anexos, destinadas a apoiar os procesos de transformación das bibliotecas en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe, favorecer as actividades de fomento da lectura e de educación no acceso e uso da información; favorecer a creación de laboratorios de radio vinculados á bibliotecas xa integradas no Plan de mellora e facilitar avances cara a unha biblioteca inclusiva, de acordo cos proxectos e liñas prioritarias de actuación presentadas.

Sétimo. Os gastos realizados xustificaranse segundo o previsto no punto 2 do artigo décimo segundo da Orde de 20 de agosto de 2018, antes do 10 de xuño de 2019. Con ese mesmo límite de datas, deberá cubrirse o formulario, se é o caso, e entregarse as memorias correspondentes ás distintas liñas de axuda recibida, segundo o previsto no artigo 13 da orde de convocatoria. O acceso ao formulario web para os centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, a que se fai referencia no punto 1.1 do devandito artigo da Orde do 20 de agosto, seralle remitido desde a unidade de seguimento destes programas (Asesoría de Bibliotecas escolares).

Oitavo. A non entrega da memoria e/ou da xustificación do gasto no prazo sinalado poderá ser causa de revogación das axudas concedidas, debendo proceder o centro ao reintegro da cantidade percibida, sen prexuízo das responsabilidades que se lle poidan exixir. Da mesma forma, o incumprimento total ou parcial dos programas ou das condicións que se tiveron en conta para a súa concesión poderá dar lugar á anulación ou modificación da contía do importe concedido.

Noveno. Tanto a inspección educativa como as persoas responsables en materia de bibliotecas escolares da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderán supervisar e avaliar o funcionamento das bibliotecas adscritas ao Plan de mellora de bibliotecas escolares.

Décimo. Tal e como se recolle no artigo 19 da orde de convocatoria, a participación do profesorado implicado no programa de innovación educativa denominado Plan de mellora de bibliotecas escolares, en calidade de responsable da biblioteca escolar, con funcións de coordinación do equipo de apoio á biblioteca, e pola especial dedicación que require, recibirá unha certificación de innovación, equivalente a 30 horas de formación do profesorado por ano académico, ao abeiro do artigo 37 da Orde de 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado de Galicia.

Décimo primeiro. Os centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares en virtude desta convocatoria están obrigados a integrar o logo oficial deste programa nos seus espazos web e nos documentos que difundan actividades da biblioteca escolar, para o que lles será remitido o correspondente arquivo desde a unidade de seguimento do programa. Da mesma forma, a páxina web do centro deberá incluír, entre a información das súas instalacións, imaxes e unha descrición mínima da biblioteca escolar, así como dos seus principais recursos e servizos á comunidade educativa.

Contra esta Orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso -Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de acordo cos artigos 10, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO I-A

Centros que se integran no Plan de mellora de bibliotecas escolares na convocatoria de 2018. Artigo 16, punto 2.a), da Orde do 20 de agosto de 2018

Ano 2018

Ano 2019

Total

Código

Centro

Concello

Provincia

Fondos

Mobil.

equipam.

Gtos. Fto. BE

Total 2018

Fondos

Mobil.

equipam.

Gtos. Fto. BE

Total 2019

15001112

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen

Betanzos

Coruña (A)

1.000

400

100

1.500

2.000

800

200

3.000

4.500

15006353

CPR Plurilingüe Jorge Juan

Fene

Coruña (A)

1.000

400

100

1.500

2.000

800

200

3.000

4.500

15006390

CPR Plurilingüe Jesús Maestro

Ferrol

Coruña (A)

1.000

400

100

1.500

2.000

800

200

3.000

4.500

15010769

CPR Plurilingüe María Assumpta

Noia

Coruña (A)

1.200

550

100

1.850

2.400

1.100

200

3.700

5.550

32016728

CPR Plurilingüe Luís Vives

Ourense

Ourense

1.300

600

100

2.000

2.600

1.200

200

4.000

6.000

36018847

CEEPR Juan María

Nigrán

Pontevedra

1.400

600

100

2.100

2.800

1.200

200

4.200

6.300

36014209

CPR Plurilingüe Andersen Augalonga

Vigo

Pontevedra

1.400

600

100

2.100

2.800

1.200

200

4.200

6.300

36011351

CPR San José de Cluny

Vigo

Pontevedra

1.100

500

100

1.700

2.200

1.000

200

3.400

5.100

ANEXO I-B

Centros concertados integrados no Plan de mellora de BE en 2017.
Artigo 16, punto 2.b), da Orde do 20 de agosto de 2018

Ano 2018

Ano 2019

Total

Código

Centro

Concello

Provincia

Fondos

Mobil. equipam.

Gtos. Fto. BE

Total 2018

Fondos

Mobil.

equipam.

Gtos. Fto. BE

Total 2019

15004198

CPR Plurilingüe Hijas de Jesús

Coruña (A)

Coruña (A)

1.200

650

100

1.950

2.400

1.300

200

3.900

5.850

15007230

CPR Ntra.Sra. del Carmen

Fisterra

Coruña (A)

1.000

450

100

1.550

2.000

900

200

3.100

4.650

15015548

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Santiago de Compostela

Coruña (A)

1.000

450

100

1.550

2.000

900

200

3.100

4.650

15015627

CPR Plurilingüe San José de Cluny

Santiago de Compostela

Coruña (A)

1.400

650

100

2.150

2.800

1.300

200

4.300

6.450

32016194

CPR Plurilingüe Guillelme Brown

Pereiro de Aguiar (O)

Ourense

900

350

100

1.350

1.800

700

200

2.700

4.050

36011312

CPR San Fermín

Vigo

Pontevedra

1.100

450

100

1.650

2.200

900

200

3.300

4.950

ANEXO I-C

Centros concertados integrados no Plan de mellora de BE en 2016
Artigo 16, punto 2.c), da Orde do 20 de agosto de 2018

Ano 2018

Ano 2019

Total

Código

Centro

Concello

Provincia

Fondos

Fondos

15000600

CPR Ntra. Sra. del Rosario

Arzúa

Coruña (A)

400

800

1.200

15004083

CPR Plurilingüe Compañía de María

Coruña (A)

Coruña (A)

700

1.400

2.100

15004794

CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida

Coruña (A)

Coruña (A)

700

1.400

2.100

15006481

CPR Plurilingüe Compañía de María

Ferrol

Coruña (A)

400

800

1.200

15006882

CPR Plurilingüe Valle Inclán I

Ferrol

Coruña (A)

600

1.200

1.800

15010071

CPR Jorge Juan

Narón

Coruña (A)

600

1.200

1.800

32013557

CPR Plurilingüe María Inmaculada

Verín

Ourense

400

800

1.200

36006699

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

Pontevedra

Pontevedra

700

1.400

2.100

36006997

CPR Santo Tomás

Porriño (O)

Pontevedra

400

800

1.200

36011142

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

Vigo

Pontevedra

650

1.300

1.950

ANEXO II

Clubs de lectura - concertados.
Artigo 21, punto 1, da Orde do 20 de agosto de 2018

2018

2019

Total

Código

Centro

Concello

Provincia

Fondos Club

Fondos Club

15004794

CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida

Coruña (A)

Coruña (A)

500

1.000

1.500

15006501

CPR Plurilingüe Cristo Rey

Ferrol

Coruña (A)

300

600

900

15006420

CPR Plurilingüe La Salle

Ferrol

Coruña (A)

300

600

900

15007230

CPR Ntra. Sra. del Carmen

Fisterra

Coruña (A)

300

600

900

27007211

CPR Plurilingüe Fundación Educativa Torre de Lemos

Monforte de Lemos

Lugo

300

600

900

32016728

CPR Plurilingüe Luís Vives

Ourense

Ourense

500

1.000

1.500

36006699

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

Pontevedra

Pontevedra

400

800

1.200

36010976

CPR Plurilingüe Compañía de María

Vigo

Pontevedra

300

600

900

36011142

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

Vigo

Pontevedra

300

600

900

36011191

CPR Plurilingüe Montecastelo

Vigo

Pontevedra

400

800

1.200

ANEXO III

Radio na biblio- concertados.
Artigo 24, punto 3, da Orde do 20 de agosto de 2018

2018

2019

Total

Código

Centro

Concello

Provincia

Equipos emisora

Formación

Total 2018

Equipos emisora

Formación

Total 2019

15006882

CPR Plurilingüe Valle Inclán I

Ferrol

Coruña (A)

400

240

640

800

480

1.280

1.920

15010071

CPR Jorge Juan

Narón

Coruña (A)

400

240

640

800

480

1.280

1.920

15015627

CPR Plurilingüe San José de Cluny

Santiago de Compostela

Coruña (A)

400

240

640

800

480

1.280

1.920

36011142

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

Vigo

Pontevedra

400

240

640

800

480

1.280

1.920

36011312

CPR San Fermín

Vigo

Pontevedra

400

240

640

800

480

1.280

1.920

ANEXO IV

Biblioteca inclusiva. Artigo 29, punto 2, da Orde do 20 de agosto de 2018

 

2018

2019

Total

Código

Centro

Concello

Provincia

Biblioteca inclusiva

Biblioteca inclusiva

15004083

CPR Plurilingüe Compañía de María

Coruña (A)

Coruña (A)

670

1.340

2.010

15001112

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen

Betanzos

Coruña (A)

500

1.000

1.500

15004794

CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida

Coruña (A)

Coruña (A)

670

1.340

2.010

15010769

CPR Plurilingüe María Assumpta

Noia

Coruña (A)

500

1.000

1.500

32016728

CPR Plurilingüe Luís Vives

Ourense

Ourense

500

1.000

1.500

36006997

CPR Santo Tomás

Porriño (O)

Pontevedra

600

1.200

1.800

36016024

CPR Plurilingüe Abrente

Sanxenxo

Pontevedra

500

1.000

1.500