Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2019 Páx. 1749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Cortiñas-Toimil, no concello de Paradela (expediente 03/2017 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: LMT, CT e RBT Cortiñas-Toimil.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Situación: concello de Paradela.

Características técnicas principais:

• Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 796 m, con orixe na celosía metálica nº 84-2 tipo C-18/3000, proxectada en substitución do poste de formigón existente tipo HV-13/250 da LAT SAR805 Portomarín (derivación CT Barán San Pedro), condutor tipo LA 56/54,6 e final en centro de transformación intemperie proxectado.

• Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

• Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 228 m, con orixe en centro de transformación intemperie proxectado, condutor tipo RZ, e final na RBT existente do CT Barán San Pedro.

Finalidade da instalación: mellora da calidade da subministración eléctrica nos lugares de Cortiñas e de Toimil.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 17 de decembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados LMT, CT e RBT Cortiñas-Toimil

Propietario

Parcela

Apoio

Afeccións

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

m2

ml aéreos

m2 aéreos

Nome e apelidos

Pol.

Parc.

7

Divina Díaz Díaz

12

173

Tras do Ferrao

Labor

3 (1/2)

1.0

89.0

1.240.0

8

María Irene Pérez Arias e irmá

12

159

Tras do Ferrao

Labor

4 (1/2)

1.0

73.0

1.010.0