Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2019 Páx. 1761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018 pola que se fai público o cofinanciamento do servizo para a organización da xornada intermedia do proxecto 0092_AQUALITRANS_1_E nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na dita regulación, da seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora.

Entidade pública: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: contrato menor.

2. Obxecto do contrato.

Título: organización da xornada intermedia do proxecto 0092_AQUALITRANS_1_E no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020.

Clave do expediente: GA.18049.

CPV (referencia de nomenclatura): 79952000-2.

Orzamento base: importe neto: 3.300,00 euros. Importe total: 3.993,00 euros.

Prazo de execución: 1 día.

Importe da oferta: importe neto: 2.700,00 euros. Importe total: 3.267,00 euros.

Empresa contratista: G64 Comunicación, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2 cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

A actuación enmárcanse dentro do Programa operativo no eixe 3 «Crecemento sustentable a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais». Obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos». Prioridade de investimento 6F «Fomento de tecnoloxías innovadoras para a mellora da protección ambiental e a eficiencia dos recursos no sector dos residuos e o sector da auga, e con respecto ao solo ou á redución da contaminación atmosférica». Obxectivo específico OE6F «Incrementar os niveis de eficiencia na utilización dos recursos naturais para contribuír ao desenvolvemento da economía verde no espazo da cooperación».

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2018

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia