A base décima da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 6, do 10 de xaneiro de 2017) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social do Servizo Galego de Saúde, establece que, unha vez adxudicados os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.
De conformidade coa antedita base e co artigo 4 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 20 de xullo), esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Declarar finalizado o concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 6, do 10 de xaneiro de 2017).
Segundo. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, nas categorías anteriormente indicadas, os/as aspirantes seleccionados/as que se inclúen no anexo desta resolución.
Terceiro. Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.
Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.
De conformidade coa base décima da resolución de convocatoria do proceso, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. No entanto, en casos de forza maior e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.
Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2019
Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO
Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos
DNI |
Apelidos e nome |
Destino adxudicado |
Quenda |
Localidade |
||
Técnico/a Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información |
||||||
*630J |
Requeijo Figueiras, José |
74600180 |
EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
- |
Ourense |
*111M |
Rodríguez Castrelo, Ana Isabel |
74400180 |
EOXI de Ferrol |
EOXI de Ferrol |
- |
Ferrol |
*049H |
Vázquez Rodríguez, Cristina |
159900180 |
EOXI de Santiago de Compostela |
Hospital da Barbanza |
- |
Ribeira |
Técnico/a especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información |
||||||
*777F |
Cacheda Vilar, David |
74900200 |
EOXI de Vigo |
EOXI de Vigo |
- |
Vigo |
*319X |
Candal Gómez, Javier |
74400200 |
EOXI de Ferrol |
EOXI de Ferrol |
- |
Ferrol |
*801N |
Carracedo Martínez, David |
159800200 |
EOXI de A Coruña |
Hospital Virxe da Xunqueira |
- |
Cee |
*781Y |
Castaño Piñeiro, Miguel Ángel |
159900200 |
EOXI de Santiago de Compostela |
Hospital da Barbanza |
- |
Ribeira |
*221J |
García Núñez, Marcos |
704200200 |
Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061 |
Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061-Central de coordinación |
- |
Estrada, A |
*551C |
Iglesias Santomé, Ángel Enrique |
74500200 |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
- |
Lugo |
*703F |
Rodríguez Rodríguez, José Antonio |
74900200 |
EOXI de Vigo |
EOXI de Vigo |
- |
Vigo |
Traballador/a social |
||||||
*835G |
Álvarez Álvarez, Rosalía |
6200961 |
EOXI de A Coruña |
Arteixo |
Mañá |
Arteixo |
*285W |
Barbeito Vázquez, Verónica |
13600961 |
EOXI de A Coruña |
Cambre |
Mañá |
Cambre |
*894E |
Barroso González, Antonio |
74900960 |
EOXI de Vigo |
EOXI de Vigo |
- |
Vigo |
*989W |
Capeáns Fernández, Ana |
74500960 |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
- |
Lugo |
*391X |
Casanova Portabales, Ricardo |
74900960 |
EOXI de Vigo |
EOXI de Vigo |
- |
Vigo |
*364K |
Fungueiriño Figueira, María Carmen |
76500961 |
EOXI de A Coruña |
Santa Cruz |
Mañá |
Oleiros |
*448X |
Liñares Giménez, María Mercedes |
74800960 |
EOXI de Santiago de Compostela |
EOXI de Santiago de Compostela |
- |
Santiago de Compostela |
*846E |
Moure Rodríguez, Dolores |
74500960 |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos |
- |
Lugo |
*623R |
Otero Mosquera, Agustina Celsa |
74800960 |
EOXI de Santiago de Compostela |
EOXI de Santiago de Compostela |
- |
Santiago de Compostela |
*647Y |
Paz Galindo, María Cristina |
74300960 |
EOXI de A Coruña |
EOXI de A Coruña |
- |
Coruña, A |
*950Z |
Portabales Pesqueira, Agustina |
19200963 |
EOXI de Vigo |
Coia |
Desprazable |
Vigo |
*454W |
Rivas Pérez, Fernando |
329900960 |
EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Hospital de Verín |
- |
Verín |
*941W |
Rodríguez Vázquez, María Jesús |
74400960 |
EOXI de Ferrol |
EOXI de Ferrol |
- |
Ferrol |
*718A |
Simón Alonso, Manuel Antonio |
74400960 |
EOXI de Ferrol |
EOXI de Ferrol |
- |
Ferrol |
*712H |
Trillo Díaz, Susana |
37300961 |
EOXI de Santiago de Compostela |
Noia |
Mañá |
Noia |
*705Q |
Verea López de Guereñu, Elvira |
74900960 |
EOXI de Vigo |
EOXI de Vigo |
- |
Vigo |
* O número do DNI dos/das profesionais relacionados/as amósase cifrado en protección dos datos de carácter persoal.