Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2019 Páx. 2376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 11 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento administrativo tramitado por esta entidade (expediente 2010/337-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa citada no anexo, a resolución ditada no marco do procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada ou representante dispón dun prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado para comparecer nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o dia seguinte á notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 11 de decembro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2010/337-36.

DNI: 53190140H.

Acto que se notifica: resolución administrativa do 20.4.2018.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa e autorización recurso.