Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2019 Páx. 2361

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 884/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Gustavo Fungueriño Cebreiro, Marcelino Somoza Gey e Santiago Fungueiriño Ordóñez contra Nogasa Servicios y Obras, S.A. e Escribanos de Gordon, S.L.U., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 884/2017 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Nogasa Servicios y Obras, S.A. e Escribanos de Gordon, S.L.U., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 13 de febreiro de 2019, ás 11.05 e 11.10 horas, respectivamente, na planta baixa, sala de vistas, Edificio dos xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que tenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda ncomparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, poñerán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención aos demandantes, poidan estes estar representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Nogasa Servicios y Obras, S.A. e Escribanos de Gordon, S.L.U., expídese o presente edicto para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza