Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2019 Páx. 2477

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Por Resolución do 14 de setembro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia núm. 181, do 21 de setembro), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 48, do 8 de marzo.

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións sobre as ditas listaxes, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de xeito definitivo que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos.

Para a devolución do importe ingresado por aquelas outras persoas aspirantes que non fixeron constar eses datos, e figuren nesta resolución como excluídas, será necesaria a presentación dun escrito no cal fagan constar o número de conta (24 díxitos), a entidade bancaria e a súa localidade ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Promoción interna:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Amoedo López, Filomena

*9871

65

Becerra Pardo, Paulino

3330*

20, 95

Bermúdez Couto, Paula

*2433

65

Cortizo Rodríguez, Sandra

4446*

72, 95

Acceso libre:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Allegue Toscano, Gonzalo

5317*

66, 67

Álvarez Abonjo, Elena

*3829

20, 66, 67

Cabo Torneiro, Laura

3355*

43

Carnes Cean, María José

*6777

66, 67

Cobo Campello, María Isabel

3330*

20, 66, 67

Delgado Álvarez, María de los Ángeles

*8726

20, 63

Díez Maneiro, Elsa

1087*

20, 66, 67

Estévez García, Olalla

*4375

43

Fachal Fachal, Isolina María

3265*

43

Freire Tubío, Ana Vanesa

*4189

43

Freire Tubío, Eva María

4481*

43

García Míguez, María del Carmen

*2671

20, 66, 67

Guerra Fernández, Lucía

4483*

20, 66, 67

López Machín, Susana María

*3417

20, 66, 67

Lores Tomé, Iago

4407*

20, 66, 67

Novoa López, Pablo Oliver

*5735

56

Placer García, María Isabel

3264*

20, 66, 67

Rodríguez Iglesias, Sandra

*7644

20, 66, 67

Rodríguez Lijo, Jeanette Fátima

4474*

20, 66, 67

Sánchez Eireos, Juan José

*4222

18, 56

Cota específica base I.1.2:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Armentia Couce, María Luz

3262*

65

Bastero García, Ana María

*8455

13

Blanco Vallejo, Lucía

4482*

65

Ces, Alberto

*5765

65

Quintana Veiga, Susana

7759*

65

Rey Vázquez, César

*2897

65

Rodríguez da Silva, Francisco

3610*

65

Código

Descrición

13

Documento xustificativo de exención de taxas fóra de prazo

18

Documento xustificativo demandante emprego 6 meses antes convocatoria non válido

20

Taxas non aboadas

43

Desistencia da solicitude

56

Documento de non percibir prestación ou subsidio por desemprego non válido

63

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de familia numerosa ordinaria

65

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de discapacidade

66

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de demandante de emprego 6 meses antes da convocatoria

67

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de non percibir prestación ou subsidio de desemprego

72

Certificado discapacidade con cotexo non válido

95

Non cumprir o requisito da base I.2.1.3